Organiza ecoxincanas, obradoiros de reciclaxe, Feira Comeourense, obradoiro de cociña infantil e conferencia sobre o cambio climático.

 

A concelleira en funcións de Medio Ambiente, Susana Bayo, vén de presetar a programación de actividades da Concellería para conmemorar a Semana Mundial do Medio Ambiente, que se celebrará a semana próxima na cidade.

Así, entre o 2 e o 7 de xuño haberá propostas para todos os públicos, relacionadas coa reciclaxe, os productos ecolóxicos, o cambio climático e hortas infantís, entre outras. Serán en diversos espazos verdes da cidade: o parque Barbaña, a praza Diego González, Anxelita Paradela, parque de San Lázaro e Montealegre, ademais da Praza Maior.

Na ampla programación atopamos unha ecoxincana (2, 4 e 7 de xuño), obradoiros de reciclaxe (3 e 5 de xuño) e cociña sostible (6 de xuño), unha conferencia sobre o cambio climático (4 de xuño), charla-coloquio sobre as estratexias das plantas (6 de xuño) e a Feira Comeourense (6 de xuño).

Todas as actividades están englobadas dentro do lema mundial deste ano: “7.000 millóns de soños, un só planeta. Consume con moderación”.

 

[Máis información en www.ourense.es]