O Club Ourense Baloncesto caeu derrotado diante (81-73) ante un Breogán de Lugo que se sitúa a unha vitoria do ascenso.

O partido foi moi intenso pero case sempre dominado polos locais. O Breogán, con ganas de agradar ao seu público comezou moi forte nos primeiros minutos.

Ao COB atragantábaselle a dirección de Dani López e a contundencia de Mc Ghee baixo o aro.

O COB, que non estaba cómodo na cancha, tampouco íase do partido. Agarrado a el, os homes de Gonzalo García de Vitoria foron quen de, a falta de catro minutos, darlle a volta ao marcador (65-68).

Cando parecía que os ourensáns eran capaces de darlle a volta ao marcador, Dani López, contrarrestou cunha tripla a vantaxe (68-68).

A partir dese momento calquera pequeno detalle desequilibra a balanza para un ou outro lado; e ista foi para Lugo.

Eses pequenos detalles convertíronse en enormes na contra dos xogadores ourensáns. O rebote ofensivo era claramente a favor dos locais, deixando aos homes de Lisardo Gómez dous e incluso tres tiros a canastra en cada xogada. Amais, no tiro libre foron máis certeros os lucenses.

Hai vida
Pero a eliminatoria aínda está viva. O equipo que logra tres vitorias será equipo de ACB. De momento a vantaxe é para o Breogán pero non atravesou a liña de meta. Mínimo quedan 40 minutos, con todo o que pode ocorrer.

Os de García de Vitoria tentarán gañar este domingo para forzar un quinto e definitivo encontro que sería no Paco Paz.

Máis de 500 entradas xa están vendidas para este domingo. Aínda que eles serán máis, os cobistas non estarán solos. A afección demostrou ser tal este venres arroupando aos seus. Este domingo serán máis e os xogadores notarán o alento desde o primeiro minutos. Uns folgos que chegarán desde un dos fondos do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.

Que non se acabe a eliminatoria en Lugo!