O Club Ourense Baloncesto espera un cheo absoluto no Pazo no quinto partido da final de ascenso a ACB entre COB e Breogán de Lugo.

A un partido (40 minutos) para que o COB sexa equipo de ACB ou siga un ano máis na Adecco Ouro.

A partir das 19.45 horas as portas do pavillón estarán abertas. Ás 21 horas dará comezo o último partido da serie final. O Ourense ou Lugo serán equipo de ACB. O ceo e o inferno  a 100 quilómetros, sempre pola ribeira do Miño.

Desde as 10.30 da mañá estan abertas as taquillas do Paco Paz ata esgotar os billetes. Son unhas 700 as entradas que restan para completar o aforo. O ritmo de venda de entradas é frenético polo que canto antes se merquen máis posilidades haberá de acadar unha. Posiblemente moita xente quedarase fóra.

Coma durante toda a serie, o Breogán disporá de 900 entradas, das que se calculan arredor de 600 seareiros cheguen de Lugo.

Convenio con centros comerciais
Os Centro Comercial Aberto, Centro Comercial Aberto, Couto Centro, a CEO e a Cámara de Comercio Ourense queren poñer o seu gran de area para que a xente acuda sen agobios ao partido. Para iso suxiren aos seus establecementos asociados que pechen media hora antes.