Espectacular a serie final entre Breogán de Lugo e Club Ourense Baloncesto que se vai ao quinto e deifinitivo encontro da eliminatoria.

Os homes de Gonzalo García de Vitoria estaban obrigados a gañar para manter vivas as opcións de ascenso a ACB. Pola súa banda, o Breogán era a primeira oportunidade de certificar o ascenso diante do seu público.

Os ourensáns desprazados a terras lucenses fixéronse notar desde unha hora e media antes do inicio do encontro. Os seus cánticos eran os máis atronadores nas inmediacións do pavillón.

{gallery}stories/deportes/20150601_breocob{/gallery}

De inicio García de Vitoria sacrificou a Geramipoor poñéndoo de inicio. O motivo desta decisión era por que o adestrador sabía que ían a comezar o encontro pitando os árbitros moitas faltas. E así foi: nos cinco primeiros minutos o COB xa tiña seis faltas persoais, mentres que os de Lugo, cero.

Os dous conxuntos comezaron moi forte, dando a sensación que ía a rematar o encontro nos próximos segundos. Isto fixo que as dúas afeccións estiveran moi metidas no partido.

Espectacular foi a entrada rexistrada no Pazo Provincial de Deportes de Lugo co aforo completo e os seareiros dun e doutro bando deixándo as gorxas para que os seus notaran o alento.

Rejón cun mate arengou aos seus facendo que parecera que fora a caer a grada de fondo do pavillón universitario.

Ningún dos dous equipos daba sacado unha renda amplia que fixera perigar o encontro ao outro bando.

As afeccións non pararon durante os 40 minutos. Cada acción de nivel, duns e doutros, era coreada polos seus.

Entre o segundo e o terceiro cuarto chegaron os primeiros momentos delicados dos ourensáns. A piques de coller distancia os locais, as canastras de Arco mantiveron a flote ao COB.

O parquet vibraba polos decibelios que saían das gorxas e dos pes que zapateaban o chan.

E xa so faltaban dez minutos por disputar. O todo ou o nada. Seguir co soño ou rematar unha tempada inesquecible.

O último cuarto como os anteriores, alternacia no electrónico. Suka poñía aos ourensáns por diante, pero a falta de cinco minutos parecía todo perdido (67-61); os da cidade amurallada parecía que se ían a quedar coa vitoria e o ascenso.

Pero a este equipo non se lle pode por o epitafio antes de tempo. Nesas apareceu Rivero. O base anotou unha tripla, antes o fixera Arco para tomar vantaxe.

Nos últimos cinco minutos o Breo tan só anotou dous puntos. Aos cobistas aínda tiveron tempo para, primeiro Rejón e logo Rivero, lograran catro puntos máis para deixar o definitivo 69-73.

O último capítulo este martes ás 21 horas no Paco Paz.