O vindeiro venres 5 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín programa a iniciativa ‘O ladrón de plumas’.

 

A actividade está destinada a un máximo de 20 nenos socios da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos de animais e como manualidade unha aguia de cartón pintada a man -os participantes deberán traer unha cartolina branca en tamaño A4 e un rolo de papel de cociña-.

A actividade será coordinada por voluntarios, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín. Para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988 413 624.

‘O ladrón de plumas» enmárcase na programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.