Ascenso do COB

O Club Ourense Baloncesto venceu sen piedade ao Breogán de Lugo no definitivo partido da serie de ascenso a ACB. 91-65 foi o resultado. Con galería de imaxes no interior.

Dez minutos foi que durou o Breogán antes de bicar o parquet do Pazo dos Deportes Paco Paz. E dez minutos porque os partidos non se xogan antes de que se lance o balón no salto entre dous. Porque se empezara antes, o partido estaba gañado cando as taquillas do Pazo colgaron o cartel de «non hai billetes» ás 30 horas de poñerse á venda.

900 seareiros de Lugo chegaban a Ourense para animar aos seus, pero o COB tiña a máis de 5.000. O fondo Norte para os lucenses, o resto para os ourensáns, con especial atención ao outros fondo. Ninguén quería ver sentado o encontro, máis cómodo para gritar e dar palmas é se se está de pé.

{gallery}stories/deportes/20150603_ascensocob{/gallery}

O medo no corpo entrou moi pronto. Mc Ghee facía seu os dous aros, en especial o do COB no que nos primeiros minutos anotaba 12 puntos. O nerviosismo dos xogadores de Gonzalo García de Vitoria facía o resto. Breogán dominaba a final nos 10 primeiro minutos por 15-23.

Pero aí remataron todas as opcións dos visitantes. Un segundo cuarto superlativo dos locais fixo darlle a volta ao electrónico. Entre o último minuto do primeiro cuarto e os dez do segundo o parcial foi de 32 a 5. E ata hai a final.

Descanso
No descanso un ilustre do baloncesto, o xogador do Obradoiro Alberto Corbacho, comentaba nos corredores do Pazo que o encontro esta roto. E como é home de experiencia, non se equivocaba.

A segunda metade foi unha festa anticipada ao que chegaría tralo pitido final. Parcial de 26-24 no terceiro cuarto e 22-13 no derradeiro fixo que o delirio nas gradas trasladárase, a modo de invasión, á cancha.

O público xa non aguantaba nas súas localidades e só querían que rematara o encontro e facer fluir a súa ledicia. Antes do final do encontro, a xente xa estaba na pista.

Á fonte
A estatua de Concepción Arenal se falara preguntaría quen eran os que festexaban xunto a ela. Facía moito tempo que non estaban na súa fonte xente tan alta. E sería Gonzalo García de Vitoria o que lle diría: «son os meus xogadores, os do COB, os que devolveron a ilusión a Ourense. Os que devolveron a Ourense á ACB».