Esta práctica está tipificada como infracción moi grave pola Lei de Caza de Galicia, polo que se denunciou ante a Consellería de MedioAmbiente.

 

Axentes da Policía Autonómica da XefaturaTerritorial de Ourense informaron da imputación dun home ao que sorprenderon colocando unha trintena de lazos para a caza furtiva de animais nun monte en Casandulfe, no concello ourensán de Piñor.

A actuación enmárcase dentro dun operativo de control e vixilancia contra a caza furtiva con trampas na provincia de Ourense e tendo en conta que se trata dunhapráctica tipificada como infracción moi grave pola Lei de Caza de Galicia, procedeuse a súa denuncia ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio eInfraestruturas.

O denunciado foi sorprendido in fraganti manipulando unha das trampas de lazos que se atopaban no monte, situado dentro do Tecor de Penamaior, e que serviría para a captura de especies coma o xabaril ou o corzo.

Despois de continuar coa inspección do lugar, os axentes atoparon once trampas compostas por varios lazos de cable de aceiro, todos das mesmas características ao que lle foi intervido ao cazador furtivo. Cada trampa estaba composta de un a cinco lazos dependendo do lugar onde se situaba a mesma.