Está organizada pola Fundación Cipri Gomes e busca favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.

A Fundación Cipri Gomes e Fapa Ourense As Burgas organizan no CEIP Albino Núñez “Casardomato” a escola de verán “Actívate”, dirixida a rapaces de entre 3 e 12 anos da provincia, e que terá lugar do 1 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres en horario de mañá (de 8.30 a 14.15 horas).

O fin desta actividade de lecer e tempo libre é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, cubrir horarios incompatibles entre pais e fillos durante as vacacións de verán, cunha programación de ocio san, diferente e nunha contorna familiar.

Os cativos que participen nesta iniciativa gozarán das súas mañás de verán con obradoiros de manualidades, expresión corporal, piscina, xogos, hinchables, teatro, deporte e moito máis.

Prezos
Os rapaces poden participar nesta escola de verán por día, semana, quincena ou mes completo. A inscrición dun día costa 12 euros, a dunha semana 40, a dunha quincena 65 e a do mes enteiro 120 euros. Ademais, faise desconto de 10 euros a partir do segundo irmán que participe.

No caso dos non asociados a esta fundación terán que abonar 25 euros a maiores sobre o prezo final.

Inscrición
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de xuño. Como as prazas son limitadas serán cubertas por rigurosa orde de chegada das solicitudes.

Os interesados en recibir máis información ou reservar a súa praza poden poñerse en contacto do CEIP Albino Núñez nas propias instalacións do centro escolar, no 619 871 038 ou en ceip_apacasardomato@hotmail.es.