En resposta ás demandas da asociación de veciños As Termas ao Concello na procura da mellora das zonas verdes do barrio.

 

Nas ultimas semanas foron renovados dous pequenos espazos de plantas ornamentais situados na contorna das vivendas de promoción pública do barrio da Ponte, ao carón da Estación de Autobuses de Ourense. Estes traballos, solicitados pola asociación de veciños As Termas, consistiron na retirada de arbustos secos e deteriorados, limpeza e acondicionamento do chan e colocación de novas plantas.

Esta actuación, valorada como positiva e necesarias polo colectivo veciñal, súmanse a un conxunto de melloras de espazos verdes do barrio solicitado ao Concello, entre as que se inclúe a plantación, xa realizada, de 11 novas árbores en varios puntos do barrio ou a reforma dos espazos de xogos infantís que comezará nos próximos días.