Familia avogado e arquitecto na casa de Reza

Os propietarios baleiraron a vivenda esta fin de semana como comprometeran, pero este luns ás 9 da mañá non se presentou ninguén do Concello para seguir adiante coa orde de derrubamento.

 

Os donos da vivenda de Reza descoñecen cando se executará a orde de derribo, logo de que ningún representante do Concello de Ourense se presentara este luns á mañá no lugar, tal e como fora comprometido polas partes o xoves no primeiro intento de demolición. Aquel día acordouse un aprazamento de 48 horas para que a familia puidese retirar os seus enseres, o que fixeron ao longo da fin de semana. Tan só un retén de bombeiros acudiu á Aira, Barreiros, por orde municipal, pero sen ter moi claro a que correspondía a súa presenza no lugar e marchou pouco despois sen realizar ningunha intervención.

A propietaria, Rosa Alonso, amosaba os seus sentimentos de “indignación, cabreo, tristeza” polo que consideraba “una falta de respeto impresionante” por parte do Concello ao non avisalos do aprazamento do derrubamento. Coa auga da traída cortada e a casa baleira de mobles, a afectaba anunciaba que acampará na súa finca “y esperaré a ver si se dignan a decirme algo”.

Para o avogado de Rosa Alonso e Miguel Fernández, Antonio Feijoo Miranda, o acontecido este luns “demuestra el ridículo del ayuntamiento, con la especial gravedad que se trata de la demolición de una vivienda unifamiliar”. “Me consta que el ayuntamiento está ahora arreglando los papeles que no tenía arreglados el otro día y reconduciendo los trámites del expediente porque las irregularidades que decíamos son ciertas”, afirmou o letrado, en referenza á falta de aprobación do proxecto de demolición.

Feijoo Miranda anunciou que a partir de agora a familia non abrirá a porta da parcela “salvo que haya una comunicación que nos indique que el expediente está bien tramitado, que hay un proyecto de demolición con licencia y que esa licencia ha sido obtenida una vez emitidos los informes sectoriales correspondientes” e que se lle notifique previamente á propietaria de cando se vai realizar o desaloxo e demolición.

Varias frontes abertas
Partindo do non cuestionamento da sentenza firme que obriga a derrubar a casa por non contar con licenza, o avogado recapitulou as varias frontes que mantén abertas para lograr aprazar ao máximo esta demolición, en aras a conseguir a súa legalización.

Dunha banda, fai unha semana presentaba un escrito no Concello para que se correxiran as irregularidades administrativas no procedemento de execución do derribo, que aínda non contestaron. Tamén na vía administrativa, solicitarán ás administracións competentes que adopten todas as prevencións “para que de llevarse al cabo el derribo se lleve a cabo minimizando los daños en el entorno”.

Doutra, o venres pasado puxo unha querela por prevaricación contra o alcalde, que fará extensiva “en su caso contra las personas responsables de la tramitación de este expediente”, non porque houbera erros no procedemento, senón por non teren en conta as advertencias dos erros e irregularidades realizadas pola familia. Xunto coa querela, o letrado solicitou a paralización da orde de derribo como medida cautelar.

E finalmente, a asociación de veciños “15 de agosto” de Reza vén de presentar un escrito solicitando a delimitación do núcleo rural de Reza, o que sería un primeiro trámite para poder legalizar a vivenda de Rosa e Miguel e outras moitas que se atopan nesta situación nesta parroquia. “Supongo que al menos se tramitará, si no sirve para mis clientes servirá para los demás casos”, apuntaba Feijoo Miranda.