O dianteiro centro da Unión Deportiva Ourense foi o último MVP da tempada segundo os afeccionados.

Co 40% dos votos foi elexido mellor xogador do mes de maio Julio Salgado. Tras el quedaron xogadores como Julio Álvarez (36% dos votos), Diego Soto (16%), Ramón Dacosta (4%) ou Roberto Almeida (2%).

Salgado participou nos cinco encontros da UD durante o mes de maio. Anotou dous goles: abriu o marcador ante o Raio Alaricano na final da Supercopa e logrou o gol que igualaba a eliminatoria fronte o Atlético Arnoia, este último de penalti.

Número de récord
Unha vez rematada a Liga, os número do Ourense son espectaculares. Remataron primeiros no grupo 13 da Terceira Autonómica con 81 puntos sobre 81 posibles.
En canto á faceta goleadora 151 goles a favor (unha media de máis de cinco por encontro) e 10 en contra (a 0,06 goles por partido).

Na Copa Deputación B quedaron apeados en semifinais ante o Atlético Arnoia -á postre vencedor do torneo-. Os de Antonio Dacosta perderon contra o Peroxa no partido de volta de cuartos de final (cando estaban claramente clasificados trala goleada na ida) e na ida das semifinais fronte o Arnoia (1-0).