Detalle da vivenda de Reza

A casa de Reza acumula un rosario de denuncias e litixios que remataron con sentenza firme de demolición pola Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.

 

Segundo informa a propia familia a través dun blog no que explican todo o acontecido coa vivenda nestas dúas décadas (ratasde2patas.wordpress.com), en abril de 1990 encargan ao arquitecto Fernando Blanco o proxecto para construír vivenda na parcela de Aira, Barreiros. O proxecto obtén visado urbanístico e técnico do Colexio de Arquitectos o 17 de abril de 1991 e foi rexistrado no Concello o 22 de maio solicitando a correspondente licenza, previo ingrexo da taxa por licenza urbanística (132.993 das antigas pesetas).

Pola mesma época (xuño de 2011) o Concello concederá licenza para “replanteo, excavación, cimentación y muros de contención” na parcela colidante (a do veciño denunciante) malia haber un informe técnico desafavorable por non ter a a parcela a superficie mínima esixida para construir.

Sempre segundo a documentación publicada pola familia no seu blog, o 5 de febreiro de 1992 a Comisión municipal de goberno concede licenza urbanística a Rosa Alonso e denégalla ao veciño. Un día despois, a Comisión Provincial de Urbanismo concede licenza urbanística ao veciño denunciante, ao terse subrogado o expediente desde decembro anterior, polo que require ao Concello que anule ou revoque o seu acordo.

En 21 de maio de 1992, a Comisión Provincial de Urbanismo denega licenza a Rosa Alonso por existir xa outra autorizada a menos de 50 metros. Segundo explica a familia no blog, “desde el Concello, aunque tampoco se le notificó nada al respecto, se le indicó, verbalmente, a Rosa Mª que continuara la obras, pues el Ayuntamiento no iba consentir una injusticia manifiesta y se le recomendó no recurrir en Alzada (finalmente si se recurriu, desestimándose tres anos e medio despois) pues no le iban a resolver nada”. A casa rematouse de construír en decembro de 2003.

Explicacións do TSXG e da ex concelleira Áurea Soto
Segundo explicou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nunha nota remitida aos medios de comunicación, «la casa se contruyó sin licencia alguna, con pleno conocimiento por sus promotores y arquitecto de su ilegalidad desde un principio” en solo non urbanizable ou rústico.

A licenza anulada polo Xulgado do Juzgado Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ourense “se pidió y concedió tiempo después de que la obra se hubiese terminado”, amparándose no PXOM de 2003. “Pero el Plan General fue anulado por sentencia firme del TSXG, lo que conllevó a su vez la anulación de la licencia de legalización”, prosegue a nota do TSXG.
Tanto a sentenza como os autos foron confirmados en apelación por sendas sentenzas da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG.

Tamén a ex edil de Urbanismo socialista, Áurea Soto, recapitulou nunha carta pública no seu perfil nunha rede social a tramitación e litixios sobre esta vivenda en máis de 20 anos.

Así, segundo resume Soto, a familia Alonso-Fernández solicitara en maio de 1991 licenza para construir vivenda en Aira, Barreiros (Reza) que fora denegada polo Concello de Ourense pola existencia doutro expediente previo (o do veciño denunciante) para construir vivenda unifamiliar a menos de 50 metros.

Tras denuncias e expedientes de disciplina urbanística conclúese con orde municipal de demolición en 1999. Os donos recurriron e en 2011 o xulgado de instrución suspende a demolición. Pero o denunciante recurre ao TSXG en 2004, que ratifica a orde de derrubamento.

En novembro de 2005 os propietarios presentan proxecto de legalización en base ao PXOM de 2003, tramitación de legalización que foi suspendida en 2006 por un informe municipal. Xa co bipartito no goberno local de Ourense, en 2008 reábrese o expediente e en 2010 un informe xurídico propón alzar a suspensión e en marzo de 2011 concédese licenza por Xunta de Goberno local.

Coa anulación do PXOM días despois, o denunciante recurre a licenza e o TSXG sentencia en abril de 2013 estimando o recurso e anulando a licenza.

Desde esa data o Concello foi requerido ata en catro ocasións para executar a demolición, a última, que é a que está intentando executar agora, nun auto do pasado 5 de maio.