Estará ubicado no xardín xaponés, de 11 a 12, o mércores 10 de xuño. Nese tempo tamén se recollerán sinaturas en contra deste tratado.

 

O Tratado transatlántico de comercio e investimentos entre EUA e a UE (TTIP, polas súas siglas en inglés) é o novo Cabalo de Troia dos nosos tempos. Así o definen diversos colectivos que están a realizar accións de denuncia por toda Europa en contra do mesmo, que o representa mediante un Cabalo de Troia hinchable de oito metros que está a percorrer o continente, co fin de “informar á sociedade sobre as graves consecuencias que ten este acordo a todos os niveis e botar luz sobre a desinformación á que nos someten partes negociadoras”, explican dende Amigos da Terra, un dos colectivos que se manifesta en contra do tratado. “Con esta acción, dende Amigos da Terra reclamamos aos europarlamentarios que se posicionen en contra do TTIP e a favor da cidadanía que representan”, engaden.

O vindeiro mércores 10 de xuño este Cabalo de Troia xigante estará instalado de 11 a 12 horas, no xadín xaponés (ao lado da Subdelegación do Goberno) de Ourense.  Activistas de Amigos da Terra, apoiados por outras organización sociais que forma parte da campaña “NON ao TTIP”, farán unha performance que consistirá na teatralización das negociacións segredas do tratado e posteriormente estarán repartindo información sobre ás consecuencias e efectos negativos do TTIP sobre a nosa saúde, ou medio, e a xustiza social. Tamén se recollerán sinaturas para a petición internacional contra o tratado internacional que xa leva recollidas 2.000.000 rúbricas de cidadáns da UE.

“Os promotores do tratado (os gobernos da UE, EUA e as grandes corporacións), que o negocian con absoluto segredo, pretenden facer ver que o tratado liberalizará e estimulará ao comercio achegando riqueza, mais non falan das nefastas secuelas que trae consigo. Por exemplo, os transxénicos abundarán nos nosos pratos sen que poidamos sábelo; comeremos carne tratada con fármacos prohibidos hoxe en varios países europeos e diminuirán os controis de calidade; aumentará o uso do fracking e outras formas de enerxía sucia», denuncian dende Amigos da Terra.

O Parlamento Europeo pronunciarase precismente este mércores 10 nunha votación clave e por iso Amigos da Terra e a Campaña No al TTIP esíxenlles que exerzan o voto pensando en que son representantes da cidadanía e que esta se opón de xeito xeralizado ao Tratado.

O Cabalo de Troia contra o TTIPleva percorrendo Europa dende verán de 2014 e ata a data visitou máis de 10 países.