Francisco Fumega

Fóra das nosas comarcas de referenza (A Limia, Monterrei, Allariz e Terra de Celanova), tamén houbo cambios de goberno significativos en moitas vilas da provincia.

Así, O Carballiño volve ter un rexedor socialista, Paco Fumega, que recibiu este sábado o bastón de mando do seu antecesor no cargo, o popular Argimiro Marnotes, e que gobernará este mandato en minoría.

Tamén será rexedor cun goberno en minoría outro socialista, Ignacio Gómez, neste caso en Ribadavia. E un popular, José L. González, en Piñor.

Na Rúa a nacionalista María González Albert estréase como rexedora, grazas a un pacto co PSOE. E continúa o tamén nacionalista rexedor da Mezquita, Rafael Pérez, de novo con goberno de coalición (cos socialistas). O Bloque tamén gobernará Viana do Bolo, en minoría, sendo alcalde Secundino Fernández.

Os que seguirán gobernando con maioría absoluta son os socialistas Alfredo García no Barco de Valdeorras, Rafael Rodríguez en Amoeiro, Luis Milia, en Carballeda de Avia, Sara Inés Vega, en Castro Caldelas, Manuel Rodríguez, en Coles, Ramón Alonso, en Entrimo, Celso Fernández, en Maside, Yolanda Jácome, en Parada de Sil, Miguel Bautista en Petín, Luis Castro, en San Xoan de Río, e Enrique Álvarez, en Vilamartín de Valdeorras.

Continúan de rexedores con maiorías absolutas David Rodríguez, de Son, en Manzaneda, e Xurxo Rodríguez, do BNG, en Castrelo do Miño.

Alcaldes populares con maioría
Tamén gobernarán con maiorías absolutas os populares Rodrigo Aparicio (Arnoia), Antonio Montero (Avión), José Antonio Armada (Bande), Senén Pousa (Beade), Manuel Prado (Beariz), Cipriano Caamaño (Boborás), Manuel Corzo (O Bolo), María González (Carballeda de Valdeorras), Gabriel Alén (Cenlle), Francisco Rodríguez (Chandrexa de Queixa), Avelino de Francisco (Cortegada), Mario Rodríguez (Esgos) , Guillermo Lago (A Gudiña), Manuel Penedo (O Irixo), Joaquín Prieto (Larouco), F.J. Fernández (Leiro), Juan García (Lobeira), Mª Cristina Francisco (Melón), Antonio Rodríguez (Montederramo), Plácido Álvarez (Muíños), José César Parente (Nogueira de Ramuín), Eliseo Fernández (Pereiro de Aguiar), Manuel Seoane (A Peroxa), Manuel Vázquez (Punxín), Elías Rodríguez (Rubiá), Ernesto Pérez (San Amaro), Manuel Fernández (San Cibrao das Viñas), José Luis Valladares (San Cristovo de Cea), Manuel Gallego (Taboadela), Miguel Antonio Cid (A Teixeira), Amancio Antonio Cid (Toén), Juan Anta (A Veiga), Amador Vázquez (Vilamarín), e Ventura Sierra (Vilariño de Conso).

En Lobios a toma de posesión da popular María del Carmen Yáñez como alcaldesea ten que agardar a que se resolva unha impugnación dos resultados, o que previsiblemente retrasará tamén a constitución da Deputación provincial.

[Fotografía de Iñaki Osorio]