O 27 de xuño de 2015 o Grupo 24 Horas Ourense de Alcohólicos Anónimos celebra o 14º aniversario da súa apertura.

 

O vindeiro sábado 27 de xuño, o Grupo 24 Horas Ourense de Alcohólicos Anónimos celebra os seus 14 anos de vida na cidade, así como o aniversario de sobriedade de 48 dos seus integrantes, que celebran de un a 26 anos sen beber. Farao cunha xunta pública de información sobre o alcoholismo no Campo da Feira, unha cea e un baile, a partir das 20 horas,. A entrada é gratuita.

O Grupo 24 Horas Ourense é o primerio grupo destas características que se abriu en España. Como todos os grupos similares é “unha comunidade de homes e mulleres (todos eles enfermos alcohólicos) que mediante a operancia do programa de Alcohólicos Anónimos intentamos resolver o noso problema común e axudar a outros alcohólicos a rehabilitarse do alcoholismo”. Neste gruo non están afiliados a relixión, asociación ou institución ningunha, non teñen ánimo de lucro, onn cobran dereitos nin cuotas, nin reciben ningún tipo de axuda, donativo ou subvención.