Presentación campaña prevención accidentes tractores

Ourense posúe 49.000 tractores, cunha antigüidade media de 28´7 anos, dos 403.000 que o Rexistro de vehículos da DXT ten contabilizados en Galicia.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro e mailo delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, presentaron na Subdelegación do Goberno a campaña Prevención de Riscos no Tractor dirixida á concienciación das mulleres e homes do rural ourensán para que extremen as precaucións de seguridade cando operen con maquinaria agrícola e concretamente con tractores. Na reunión estiveron presentes, David Llorente, Xefe Provincial de Tráfico; Juan Carlos Nogueiras, Alférez – Xefe del Destacamento de Tráfico de Verín; Fernando González,Subdirector Xeral do ISSGA e Tomas Paz, Xefe Territorial da Consellería de Industria en Ourense (polas ITV fixas e a móbil agrícola.

Esta campaña informativa e formativa esténdese ao longo do presente mes de xuño por ser un mes onde ese interfire menos nas actividades agrarias pero onde é xa habitual a circulación destes vehículos. A ITV, seguro, tenza de permiso de conducir en vigor e o despregamento en todo caso dos arcos de seguridade se o tractor os leva instalados son aspectos clave a mellorar dende o punto de vista de Tráfico.

Ourense posúe 49.000 tractores, cunha antigüidade media de 28´7 anos, dos 403.000 que o Rexistro de vehículos da DXT ten contabilizados en Galicia; a comunidade de España co maior número absoluto deste tipo de vehículos.Son precisamente os tractores máis antigos os que pola súa data de matriculación carecen de estrutura de auto-protección e de arcos de seguridade, o que provoca lesións moi graves ou a morte ao condutor atrapado en caso de xiro do vehículo. A altura do centro de gravidade, os desniveis no terreo e o deficiente estado de conservación e mantemento destes vehículos provocan numerosos xiros de tractores todos os anos.

Sinistralidade na provincia de Ourense

Na provincia de Ourense, o 3 de xuño de 2015 aconteceu o último accidente mortal de tractor, no Barco de Valdeorras. O 12 de maio de 2014 rexistrouse outro en Vilar de Barrio, ámbolos dous producidos por esmagamento dun tractor ao seu condutor. Pero os accidentes de tráfico non reflicte a magnitude do problema, posto que, se o sinistro se produce dentro dun terreo privado non se considera como accidente de tráfico, sendo laboral; e se o accidentado é agricultor, na maior parte dos casos, falariamos dun accidente doméstico. Deste xeito, chegáronse a producir varios falecidos na nosa provincia que non constan nas estatísticas da DXT.

O delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez, apuntou que Ourense é a provincia galega onde téñense rexistrado menos accidentes de tractor, contabilizando nestes últimos 5 anos un total de 21 sinistros que tiveron un total de 8 vítimas mortais. “En calquera caso, preocúpannos todos e cada un dos accidentes, e queremos reducilosao mínimo posible”, subliñou Martínez.

Tríptico “Prevención de Riscos no Tractor”

A Xunta de Galicia elaborou o tríptico “Prevención de Riscos no Tractor” do que dende a Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense, se repartiron máis de 5.000 exemplares. A Garda Civil de Tráfico repartirá 1.000 trípticos en estrada aos tractoristas directamente.As 12 Policías Locais da provincia recibiron 1.250 (segundo o seu parque de tractores) para repartición e realización de actividades con tractoristas.As ITV (As 4 estacións fixas da provincia e a ITV móbil que en xuño se encontra visitando os Concellos da Limia) recibiron 2.500 exemplares que tamén repartirán os tractoristas que pasen polas súas instalacións.Os Concellos da provincia sen Policía Local recibiron para coñecemento e aviso aos seus veciños unha carta, carteis e trípticos explicativos da campaña.