Actos Día LGBTI en Barbadás

O Concello de Barbadás organiza diversos actos para conmemorar o Día do Orgullo LGTBI, que se celebra o 28 de xuño.

Coa colociación dunha bandeira arcoiris e da faixa co lema «Todas somos familias. Pola diversidade» sobre a estatua da familia que hai na Valenzá, o Concello de Barbadás presentou os actos que por primeira vez organiza ao redor do Día do Orgullo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

Con este acto, o novo goberno de Barbadás pretendía eviidenciar o seu compromiso «con todos os tipos de familias independentemente da súa composición e tendo en conta que esta estatua representa un tipo de familia desde o noso punto de vista excluínte», indicaba nun comunicado a nova concelleira de Cultura, Igualdade e Mocidade, Ánxela González.

“ Con este acto modesto, pero cargado de simbolismo queremos desde a institución iniciar unha programación de actuacións orientadas a facilitar o pleno exercicio dos seus dereitos a todas as persoas con independencia da súa orientación sexual ou de xénero”, engadiu.

A edil nacionalista salientou que tamén é a primeira vez no organigrama político do Concello de Barbadás unha área de Igualdade. «Isto non é froito da casualidade senón da vontade política de facer que este Concello estea á vangarda da loita contra todo tipo de discriminacións e a prol da visibilización de todo tipo de diversidade sexual e de xénero», engadía.

Actividades

Na procura da visibilización da diversidade de sexual e de xénero, a Casa da Cultura de Barbadás acollerá o propio domingo 28, ás 19 horas, a proxección da película Brokeback Mountain, seguido dun posterior debate entre os asistentes e coa presenza de Luis Manuel Rodríguez, doutor en Traballo Social.

E o martes 7 de xullo, ás 19 horas, un obradoiro sobre a diversidade afectivo-sexual, impartido por Ángel Amaro, licenciado en Socioloxía e experto en coeducación e educación afectivo-sexual e encamiñado a erradicación da homofobia.

Asemade, durante as vindeiras semanas realizaránse máis accions encamiñadas a sensibilizar e normalizar a diversidade.