Será o domingo 28 de xuño ás 9 da mañá.

 

O próximo domingo Cruz Vermella organiza en Xinzo de Limia unha andaina solidaria. Esta iniciativa, que se estrea na capital limiá, dará comezo ás 9 horas dende a praza Carlos Casares, e os andaríns poderán optar pola ruta completa de 20 km ou unha máis curta de 10.

O prezo da inscrición é de 6 euros, e inclúe un boleto para o Sorteo do Ouro e avituallamento. Ademais, os participantes participarán en varios sorteos de agasallos. Esta inscrición pódese facer mediante o ingreso deste importe na conta de ABANCA do evento, na Asamblea de Cruz Vermella de Xinzo ou en Xinzo Sport.

Tamén colaboran nesta iniciativa solidaria o Concello de Xinzo, Protección Civil, Sendalimia e Xinzo Sport.