Permite un seguemento intensivo do paciente no seu día a día, rexistrando alteracións ou eventos adversos difícilmente detectables fora do seu entorno e actividade cotiá.

Ao redor de trescentos pacientes ourensáns, portadores de dispositivos cardíacos intelixentes: marcapasos, resincronizadores DAI ou holter implantables, benefícianse dun seguimento médico continuo e remoto mentres desenvolven a súa vida cotiá, por parte do Servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a través da súa Unidade de Marcapasos.

Estes dispositivos “intelixentes” permiten aos profesionais o seguimento do paciente e serven de apoio diagnóstico, sen que este se teña desprazar á consulta dun xeito periódico, xa que, grazas a este sistema, é posible realizar un monitoreo continuo, poidendo os profesionais acceder informáticamente aos controis e medicións que estes dispositivos rexistran e emiten telemáticamente.

Sinxelo manexo por parte do paciente
Esto é posible grazas a que estes dispositivos transmiten automáticamente un informe á consulta, mediante un proceso que se inicia polo volcado da información diaria, a un transmisor desde o que se reenvía a unha central. Este proceso só dura 2 ou 3 minutos.

Para o volcado de datos, tan só é necesario que o paciente se achegue á base, que non require instalación especial, só ubicala nunha zona con cobertura móbil.

Amplas posibilidades de seguimento

Ademais do informe automático diario, as amplas posibilidades de programación do sistema permiten a emisión doutros coa periodicidade elixida polo facultativo, ou a autoxeración de avisos ante calquera incidencia, como un cambio no funcionamento do implante ou un evento cardíaco.

Ademais deste tipo de dispositivos de seguimento continuo, en Ourense implántase ao redor duns 350 marcapasos anuais. O marcapasos é un pequeno dispositivo, alimentado por unha batería, que axuda ao corazón a latir cun ritmo constante, e que poden axudar a regular o ritmo do corazón en casos de frecuencia cardíaca lenta, rápida ou irregular, así como de bloqueo no sistema de condución eléctrica do corazón.