O portavoz do PP de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, compareceu en rolda de prensa para amosar o custe que lle suporá ao Concello de Verín as dúas adicacións exclusivas e postos de confianza do grupo de goberno PSOE-BNG.

 “Estou asustado porque nun momento de crise como no que estamos actualmente, todos os municipios de España adoptan medidas extraordinarias para aforrar no gasto público, reducir o déficit ou outras de caracter exemplar antes os cidadaáns que están sufrindo máis, menos en Verín”, indicou Jiménez Morán. “En todos os concellos o que fan os alcaldes e concelleiros é reducir o soldo, pero aquí non, ao contrario increméntase, e iso que se lles encheu a boca aos responsables do PSOE e BNG ao hora de criticar todo o que facía o PP na pasada lexislatura na que só contamos cunha dedicación exclusiva, e reducimos ao mínimo o persoal de confianza, unha secretaria do alcalde e outra de prensa, cun soldo bastante inferior ao que ten agora a nova persona responsable deste cargo”.

Novo responsable de Prensa

“Criticaron por activa e pasiva, no referente a secretaria de prensa, este cargo”, subliñou, “por exemplo o PSOE decía que ‘no actual momento de crise poderíase suprimir este posto de traballo xa que estas funcións sempre as fixeron o funcionariado do Concello’, ou o BNG que decía que ‘este posto debería facerse co persoal municipal e así aforrar o custo’”. “Poi ben, cando chegaron non só suprimiron este posto senón que o volven a crear e increméntalle o soldo a persona encargada, cunha cantidade moi superior ao do grupo do Partido Popular”, indicou, “xa que a anterior persoa cobraba sobre 16.000 euros e o actual cobrará 21.538 euros, case 6.000 euros máis ao ano”. “E isto é algo que deben saber todos os verineses, a coherencia que teñen determinados grupos políticos cando están o goberno ou na oposición, nós tiñamos un só concelleiro con adicación exclusiva que cobraba brutos ao ano un total de 26.000 euros e agora os dous novos concelleiros cobrarán cada un a cifra de 32.970 euros, é dicir, 6.000 euros máis cada un do que cobraba o concelleiro de Deportes, ao que lle criticaron as súas retribucións a pesar de que sabían que non traballaba só 8 horas no Concello, senón que estaba de servizo permanente na Granxa e incluso os fins de semana cando se desprazaba con equipos fóra da nosa vila.

O grupo de goberno PSOE-BNG costará un 66% máis

“Moléstame este discurso demagóxico do portavoz do BNG e que non recorden os soldos que cobraban nas súás actividades privadas e os que se puxeron agora no Concello”, destacou, “as dúas persoas con dedicación exclusiva cobraban nas súa empresas ao redor de 1.100 euros, e agora van cobrar 2.355 euros ao mes en 14 pagas, o que supón un incremento de 140%”. “O lóxico sería que os concelleiros cobrarán un soldo similar aos da súa empresa privada, así que rétoos a que traigas as nóminas e as presenten, porque o custo do grupo de goberno xunto cos cargos de confianza será un 66% máis cargo que ao do goberno popular anterior”, destacou. Pero “o que tamén é vergonzoso e só aludan ao soldo dunha concelleira e non o fagan co do goberno tripartito no que estaban tamén o PSOE e BNG. Por exemplo, tiñan un tenente de alcalde con adicación de 6 horas que cobraba 44.770,48 euros, e un concelleiro do BNG con dedicación de catro horas e unha retribución 20.234, 47 euros. Polo tanto, o custe total bruto desde goberno do 2004-2007, e sin secretaria de prensa, era de 177.366,43 euros. Así que non me valen esas comparación senón as cifras reais”.

Nova oficina municipal do PP

O grupo do PP conta na primeira pranta da Casa Consistorial de Verín, a man esquerda, cunha oficina de atención ao público. O horario será de luns a venres, de 10 a 14 horas para todos/as os/as veciños/as que queran facer algunha xestión.