A campaña de recollida estará en marcha ata o 13 de xullo.

A CIG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para lograr as modificacións propostas ao Concello de Verín o pasado 22 de xullo de 2014 a favor dos represaliados polo franquismo na comarca de Monterrei. Esta recollida exténdese ata o 13 de xullo, así que todas aquelas persoas que desexen colaborar na mesma deben entregar as sinaturas na CIG de Verín ou envíalas escaneadas por correo electrónico a verin@cig-verin.gal. As listaxes para as sinaturas poden descargarse en http://www.cig-verin.gal.

Unha vez rematado este prazo entregaránselle as sinaturas ao alcalde de Verín, reclamando que se concedan estas distincións. Ata agora, a CIG mantivo conversas co Concello para facer realidade esta proposta, así como un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo que coincida coa concesión desta modificacións.

“É de xustiza que case 80 anos despois se rehabilite a memoria dos que permitiron que, hoxe, poidamos ter a liberdade necesaria pra expresarnos, criticar, decidir, querer, en definitiva, para ser persoas, malia que algúns queiran quitárnola”, conclúen dende o sindicato.