O voceiro socialista neste municipio, Pablo Lorenzo, considera que Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio «non pode seguir de alcalde».

Logo de coñecerse a sentenza que inhabilita ao alcalde de Rairiz de Veiga, o popular Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio, por un delito de prevaricación administrativa, o PSOE deste municipio anuncia que solicitará un pleno extraordinario de non dimitir Rodríguez Ambrosio «nas próximas horas». Nesta sesión, os socialistas pedirían a inmediata execución da setenza, a dimisión do rexedor e a elección dun novo alcalde.

Entende o voceiro do PSdeG-PSOE no concello de Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, que, malia que a sentenza non é firme e cabe recurso, «Xaquín non pode seguir de alcalde». E tacha de «vergonzosas» as declaracións de Xaquín os medios de comunicación,  por dicir «poño o cargo a disposición do partido, e dimitirei se mo pide Jose Manuel Baltar”. Os socialsitas reclaman a Manuel Baltar e a Alfonso Rueda, que non permitan que Rodríguez Ambrosio continúe gobernando sen dimitir.
Unha sentenza do Xulgado do Penal nº 2 de Ourense inhabilita por 8 anos e medio para cargo público ao alcalde popular, por un delito de prevaricación ao asinar contratos de obras, subministros e servizos sen ter en conta os reparos e advertencias de ilegalidade feitos pola secretaria-interventora.