Celebraranse os días 3, 4 e 5 de xullo na praza Carlos Casares.

 

Esta fin de semana, Xinzo de Limia acolle o II Festival da Cervexa Artesá Galega, que este ano conta ademais dunha feira de artesanía.

Organizada por ADICCAG (Asociación para a divulgación da cervexa artesá de Galicia), esta actividade terá lugar os días 3, 4 e 5 de xullo na praza Carlos Casares. E á cita acudirán seis cervexeiros: Monte Rei (Verín), Auriun (Ourense), Orballu (Monforte), Chopp´s (Laza), Cerveza de Calabaza (Ourense) e Cervexa Vacaloura (Nigrán). Así mesmo, os asistentes poderán acompañar a cervexa con produtos gastronómicos autóctonos, como hamburguesas galeguesas, pan de Carral e xamón Ucha.

Pola súa banda, a feira de artesanía contará con comerciantes que elaboran a man xoguetes de madeira, bisutería, artigos exotéricos persoalizados, abalorios, manoplas de depilación, coiro, regaliz, arxela polimérica, traxes medievais, pedras, entres outros.

A inauguración deste evento será o venres ás 18 horas. Sábado e domingo os postos abrirán ás 12 do mediodía.

Actividades complementarias
Para completar o programa de actividades deste festival, tamén está prevista a organización de obradoiros de fabricación de cervexa artesá (o sábado ás 18 horas), talleres de plastilina (ás 12, 18 e 20 horas); espectáculo de maxia (o sábado ás 20 horas) e diversas demostracións de maxia durante todo o día. Así mesmo, haberá atraccións infantís para os máis pequenos da casa; e o sábado pola noite, coincidindo coa carreira popular de Xinzo, convidarase a bebidas refrescantes a todos os atletas.

Por último, tamén haberá un sorteo de seis lotes de cervexa entre os asistentes que fagan o percorrido cervexeiro o domingo ás 20 horas.