Este colectivo destacou “falla de coordinación e improvisación” na evacuación do peón ferido este 30 de xuño nun incendio en Nogueira de Ramuín.

 

O comité de empresa da Consellería de Medio Rural e do Mar de Ourense denuncia o “mutismo absoluto e ocultación interesada dos accidentes laborais que se producen no Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais por parte da Consellería de Medio Rural e do Mar”, como foi o caso do acontecido este 30 de xuño no incendio que tivo lugar no Concello de Nogueira de Ramuín, no que un peón sufriu un accidente grave debido a un desprendemento de pedras durante as labores de extinción.

Así mesmo, puxeron de manifesto “a rocambolesca evacuación do traballador ferido a causa da falta de coordinación e pola improvisación que impera neste servizo nos últimos anos”, reclaman. Como consecuencia, presentarán denuncia ante Inspección de Traballo para que se investigue o acontecido neste accidente.