O sindicato explica que o outro facultativo soilcitara un permiso regulamentario pero a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense non enviou a ninguén a substituílo.

A CIG-Saude vén de denunciar a que considera «unha nova irresponsabilidade» por parte da Xerencia de Xestión Intetgrada de Ourense ao deixar o pasado sábado 4 de xullo o Punto de Atención Continuada (PAC) de Verín con un só médico en horario de garda.

O sindicato relata nun comunicado aos medios de comunicación que un dos facultativos que presta habitualmente o seu servizo solicitara un permiso regulamentario cos cídas de antelación que marca a normativa, séndolle concedido pola Xerencia. O caso é que o citado 4 de xullo,»ás tres da tarde (hora de comenzo da guardia do PAC) só se presentou un médico, sen que se presentara substituto algún. A profesional púxose en contacto coa Dirección, mostrando ésta a sua extrañeza pola situación que estaban a vivir, o que deixa ver claramente a incompetencia e desidia por parte dos xestores da asistencia sanitaria en Ourense».

Esta falla dun facultativo levou a unha sobrecarga á única doutora que se atopaba prestando servizo no PAC, sóo aliviada pola presenza voluntaria dun compañeiro que acudiu dende a medianoite, indica CIG-Saúde.

Para o sindicato é «lamentable que unha comarca tan poboada se deixe nunha situación de precariedade asistencial e máis nesta época estival na que se incrementa a poboación no rural. Solicitamos, polo tanto, que a quen corresponda cese aos responsables desta situación».