O próximo 12 de xullo, ás 9:00 horas, celebrarase la VI volta cicloturista “O Val do Támega” organizada polo Club Ciclista Verín, coa colaboración do Concello de Verín.

 

Esta proba, con saída ás 09.00 horas do Pavillón de A Granxa , terá un percorrido, considerado de nivel medio-alto, de 104 quilómetros e unha duración estimada de 4 horas 15 minutos. A volta cicloturista pasará por Verín, Arcucelos, Laza, Alto da Alberguería, Vilar de Barrio, Sarreaus, Viladerrei, Alto das Estivadas e finalizará no Castelo de Monterrei.

Para participar na VI Volta Cicloturista ‘Val do Támega’ haberá que abonar unha cota de inscrición, na que se inclúe a comida para un ciclista e o seu acompañante, de 25 euros -federados- ou 30 euros -non federados. A diferencia de 5 euros e debido a que inclúe a subscrición de licenza federativa por un día. Este ano a inscrición será gratuíta para mulleres, mozos e persoas con minusvalía. Os interesadas en inscribirse deberán facer unha transferencia bancaria a conta 2100-4148-289-2200061713 de A Caixa e inscribirse na web www.clubciclistaverin.com/inscripciononline mediante o formulario de inscrición. O prazo de inscrición conclúe o día 12 de xullo.

A retirada dos dorsais realizarase no Pavillón da Granxa de Verín (calle Antonio Fernández Pérez s/n) o sábado 11 de xullo (de 18:00 a 20:00 horas, inclusive) e o domingo 12 de xullo (de 8:00 a 8:30 horas, inclusive). Para retirar os dorsais será necesario a confirmación da inscrición, xustificante de pago, DNI, e licenza (para os federados)