Participou o equipo cadete do Burgas Voleibol neste torneo que se celebrou en Lousa (Portugal) rematando na 16ª posición.

O Summer CuP XVI celebrouse desde o 30 de xuño ata o 5 de Xullo.

Na primeira fase ao equipo cadete tocoulle un grupo moi dificil xa que deles un rematou segundo e o outro quinto do campionato. Porén, na segunda fase tivo oportunidades en todos os partidos de loitar por cada un deles, pero finalmente o posto definitivo foi de 16.

As xogadoras ourensás quedáronse con moitas cousas xa que viron outros niveis do voleibol, pudiento enfrontarse a outros paises.

De toda esta experiencia sacaron unha convivencia diferente onde practicaron idiomas con xogadores e xogadoras de países coma Holanda, Bélxica, Italia, Francia e Portugal. Entre todas as categorias xuntáronse uns 100 equipos.