Desde o 7 de xullo e durante todo o mes, taichi e qigong de balde no parque do Barbaña.

Os martes e xoves de xullo desde as 8.30 horas terá lugar esta actividade organizada polas Escolas Deportivas Artai, o Centro Comercial Aberto Couto Centro e a Federación Galega de Kungfu. Este ano é a cuarta edición deste evento.

As clases estarán supervisada polo mestre de Artes Marciais, Aarón Blanco Pita e dirixida por monitores federados na Federación Galega de Kungfu.

A asistencia é totalmente gratuíta e recoméndase levar ropa cómoda e zapatillas de deporte.