Limpeza nas rúas de Xinzo

O grupo de goberno está a realizar unha limpeza xeral da localidade, ante as queixas recibidas.

 

Esta semana comezaron os labores de limpeza xeral de rúas, beirarrúas e prazas de Xinzo de Limia.  Auga, xabón e desengraxante ecolóxicos son os produtos utilizados para a limpeza das mesmas, así como un camión baldeador da Deputación.

Explican desde o departamento de Comunicación do Concello que a organización e supervisión da limpieza corre a cargo do novo concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Cabas, «que dende o minuto un se puxo a traballar no tema e organizar ao persoal ), máquinas e compra de produtos ecolóxicos que non dañen a nosa paisaxe e os nosos bens urbanísticos».

Recalca a edil de Comunicación, Relacións Institucionais e Protocolo, Montse Lama, que se está a facer un labor «real» de limpeza «e non o ‘paripé’ que o outro día protagonizaron os membros do Psoe no medio da Praza Maior».  «Está moi ben sair na foto cun chaleco, unha escoba e un caldeiriño de auga e ‘facer que se traballa’, pero queridos compañeros, o traballo real, honesto, diario e laborioso é o que se fai día a día desde dentro, e non de cara ao ‘populismo’. Responde así a concelleira popular á convocatoria realizada a semana pasada polos socialistas en protesta polo estado de suciedade da vila.