A Unión Deportiva Ourense vén de presentar ás tres primeiras xogadoras do equipo feminino.

 

María, Alba e Patricia proveñen do Barbadás Feminino, equipo que militou na Segunda División a pasada tempada e este ano desapareceu.

As tres xogadoras están agradecidas á entidade unionista por crear unha sección de fútbol 11 feminino e contar con elas para este proxecto.

O obxectivo delas é subir de categoría, pero en caso de non conseguilo prometen competir ao máximo.

A pesares de presentar a tres xogadoras xa están en contacto con algúnha máis que en breve darán o paso de xogar na UD.

Autonómica
Como xa pasara co equipo masculina, o feminino comezará no máis baixo: en Segunda Autonómica.

Aínda non saben nin os rivais nin cando comezará a Liga. Para xogar os seus partidos coma locais non teñen unha sede polo momento. Desde a directiva xa pediron poder usar algún campo municipal. En caso de non obter ningún destes teñen o compromiso do Campus universitario de cederlle o campo os domingos pola tarde.