Este sábado 18 de xullo a pista de atletismo de Monterrei (Pereiro de Aguiar) acolle o Campionato Galego de atletismo.

O evento, organizado pola Deputación de Ourense e pola Federación Galega de Atletismo (FGA), reunirá a máis de 540 atletas que competirán nas modalidades de velocidade, lanzamento e salto. Os mellores atletas galegos daranse cita neste torneo que regresa a unha pista ourensá despois de moitos anos.

O campionato dividirase en dúas xornadas: de mañá e tarde. Pola mañá a competición comezará ás 10.30 horas coas probas de Martelo e 10km marcha masculino, e rematará ás 13:25 co 4×100 feminino. Pola tarde, a primeira proba será a dos 110m valados e o disco masculino e a lonxitude feminina. A última proba do campionato será a de 4x400m feminino ás 21:30 horas.