Antonio Crespo visita laboratorio prótese dental

A Asociación de desenvolvemento rural da comarca de Ourense aprobou 85 proxectos, aos que subvencionou con 2,2 millóns de euros grazas ao Programa Leader Galicia.

 

Adercou, a Asociación de desenvolvemento rural da comarca de Ourense, pechou este mércores o Programa Leader Galicia-2014-2015 coa presentación da guía de proxectos. Desde finais de 2009, cando se iniciou o programa, polas oficinas de Adercou pasaron máis de 167 iniciativas. Formalizaron solicitude de axuda, por encaixar na filosofía LEADER, 93 proxectos e destes, 85 foron aprobados favorablemente. Creáronse 28 novos postos de traballo e máis de 160 consolidáronse.

O importe total das inversións solicitadas ao GDR-10 foi de 12.484.010 euros, que corresponde ao investimento total dos proxectos. Desta cantidade, Adercou subvencionou 2.288.979 euros.

A xornada contou coa presenza do director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, que acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou algunhas das iniciativas subvencionadas por Adercou, como o laboratorio de prótese dental I+D+I ‘Tecnopole’ e Padelprix.

A Asociación de desenvolvemento rural da bisbarra de Ourense, Adercou, que ten o seu ámbito de actuación en 11 dos concellos que conforman devandita comarca, ten como finalidade promover este territorio para xerar riqueza no medio rural
mediante a creación de empresas e mellora das instalacións e equipamentos das existentes, así como axudar para que se leven a cabo proxectos que dinamicen e consigan que se manteña e creza a poboación e motivar para que xordan emprendedores.

Co respaldo da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ente público xestor do programa LEADER Galicia, o obxectivo é que a poboación permaneza no medio rural e se creen as condicións para que se poida incrementar.