Os días 23 e 24 de xullo, de 11h a 12:30h, no marco do programa de envellecemento activo do Concello de Verín, celebrarase na Casa da Cultura da localidade o Día do Avó.

 

Haberá actuacións, exposicións de murais e audiovisuais de actividades realizadas polos grupos de traballo da Ludoteca de Verín, Cruz vermella e C.D.R. Portas Abertas. Este evento está organizado polo Concello de Verín a través da área de maiores dos Servizos Sociais Comunitarios, a Oficina de Información Xuvenil, C.D.R. Portas Abertas e Cruz Vermella.

Devandito evento será unha xornada festiva de actividade interxeracional onde maiores e nenos gozarán dos traballos realizados para esta conmemoración. Xerar unha cultura baseada no respeto cara o maior é unha das máximas para construír políticas sociais dirixidas a unha sociedade envellecida que garante dereitos e fomente a participación social.

Do mesmo xeito que existe o día do pai e a nai como datas relevantes para celebrar, tamén é fundamental lembrar a todos os avós que están coidando con cariño e paciencia os seus netoss. Todos os anos, o 26 de xullo ríndese unha homenaxe os maiores da casa, membros esenciais para un engranaxe familiar correcto. A súa orixe remóntase ás páxinas da Biblia, celebrando a festividade de San Xoaquín e Santa Ana, pais da Virxen María e polo tanto avós do neno Xesús.