O prazo estará aberto ata o 31 de xullo.

O Servizo de Deportes do Concello de Verín abre, ata o 31 de xullo, o prazo de inscrición para a 36ª edición da Liga Local de Fútbol-Sala Afeccionado que se celebrará entre os meses de setembro e de xuño.

A Liga Local de Verín mantén as súas normas básicas. Os conxuntos de nova creación terán que debutar na Segunda División da competición e poderán anotar ata un máximos de 15 xogadores por equipo. Os equipos interesados en participar deben formalizar a súa inscrición nas oficinas do Pavillón Municipal de Deportes de Verín (en horario de 10 a 13.30 e 17 a 20 horas).

Respecto ás clasificacións da tempada anterior, o Comité Organizador anunciou oficialmente que os equipos » Os Floxiños Centro Sport» e «Bar do Lito» conseguiron praza para a Primeira División.