Do 20 ao 24 de xullo esta iniciativa, promovida polo Centro de Transfusión de Galicia e Amigos da Terra, espertou a conciencia solidaria dos veciños en canto á doazón e á conservación do medio ambiente.

 

A campaña “Axuda a vivir. Doa sangue e planta unha árbore”, que promoveron na a pasada semana “Amigos da Terra” e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG), acadou un total de 180 doazóns de sangue, das cales un 8,88% (16 doazóns) correspondéronse con persoas que, por vez primeira, facían unha doazón.

A iniciativa, que tivo lugar entre os días 20 e 24 de xullo, tentaba acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre a doazón de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente.

Cada día en Galicia son necesarias 500 doazóns de sangue para que os nosos hospitais podan realizar unha media de 500 intervencións cirúrxicas, atender máis de 3.000 urxencias e realizar tres transplantes de órganos ou tecidos.

Esta actividade se traduce nunha mellor calidade de vida para todos os cidadáns, pero para iso tamén resulta necesario preservar en óptimas condicións o noso entorno natural, polo que debemos participar e promover actividades destinadas a crear unha conciencia proclive á conservación do noso medio ambiente.