O equipo feminino da Unión Deportiva Ourense comeza a coller forma e se presentaron tres novas xogadoras.

Helena, Ari e Yanina formarán parte do equipo feminina da Unión Deportiva Ourense que militarán na Segunda División Autonómica.

As tres novas fichaxes únense ás xa presentadas María, Alba e Patricia. O club conta tamén con Ilenia, xogadora que deu o si á entidade unionista pero que non puido ser presentada.

Tito Currás
En canto ao equipo masculino, Tito Currás é a última incorporación. O xogador provén do Sporting Celanova e recala no Couto con moita ilusión de aportar o seu gran de area a este proxecto.

A UD queda exenta da primeira rolda da Copa Deputación. Polo que debutarán e segunda rolda no mes de decembro e terá como rival ao vencedor da eliminatoria entre o Moreiras e o Covadonga.