O venres 14 de agosto terá lugar un torneo 3×3 de baloncesto na praza do Concello a partir das 20 horas.

A inscrición para este evento é de 10 euros e farase efectiva o propio día da competición.

Os participantes poderán acceder á piscina municipal esa mesma tarde. Ademais faráselles unha ruta polos bares con pinchos.

Detrás desta iniciativa están a ex xogadora do Pabellón Ourense, Noelia Cacheiro, que militou a pasada campaña no Newcastle, e Carmen Limia, ex presidenta do club pabellonista.