O custo do vehículo, un Autobomba Urbano Lixeiro (BUL), roldará os 250.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

 

O Diario Oficial de Galicia anuncia a licitación relativa á subministración dun novo vehículo de emerxencias para o Parque de Bombeiros do Consorcio Comarcal de Valdeorras.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior saca así a concurso un vehículo Autobomba Urbano Lixeiro (BUL), cun custo aproximado de 250.000 euros, para mellorar o servizo de emerxencias que presta o dito parque de bombeiros. Esta actuación será cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Esta dotación por parte da Xunta é fundamental para a mellora dos medios técnicos e móbiles do corpo e, en consecuencia, prestar un servizo máis rápido e de calidade á cidadanía, sendo fundamental en materia de seguridade e emerxencias.