Vehículo para Protección Civil de Barbadás

O novo vehículo será utilizado para o transporte dos voluntarios, para o traballo cotiá e o despramento a operativos.

 

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barbadás conta dende hai uns días con un novo vehículo de usos múltiples con capacidade para 9 persoas. Un dos motivos polos que a agrupación recibiu este furgón foi pola alta capacidade de traballo dos voluntarios de Barbadás.

Dani Rey, responsable de Protección Civil, explica que a de Barbadás optou xunto co resto de agrupacións de Galicia e foi unha das  que obtivo unha maior puntuación. Entre os criterios que se valoraron positivamente foi o número de voluntarios, o nivel de risco, os operativos nos que participa, etc.

Na recollida do vehículo en Santiago estivo ademais de Dani Rey, o  tenente alcalde de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida, quen destaca a  importancia que ten a dotación deste novo vehículo para mellorar o  servizo de atención á veciñanza e as emerxencias no municipio a través  do traballo que desenvolven os voluntarios.

Este vehículo foi concedido pola Consellería de Presidencia a través dunha liña de subvencións sufragada con fondos da Unión Europea para equipamentos.

A agrupación está pendentes tamén da entrega de material complementario coma dun remolque con carpa presurizada para montar eventos, como pode ser a instalación dunha carpa de primeiros auxilios.

Unha das principais vantaxes do novo vehículo de usos múltiples é o  reducido nivel de consumo de combustible. Dende a súa recepción  estánselle dando usos múltiples: transporte de persoal, traballo cotián e asistencia a operativos. Tamén se están estudando outras finalidades como poden ser o traslado nas xornadas electorais de persoas con dificultades para desprazarse ou levar a veciños aos centros médicos cando sexa en casos especiais.

O vehículo, unha Renault Trafic de 120 cabalos, trae incorporado un equipo de megafonía, un sistema de iluminación prioritaria (luces e serea), extintor, linternas e XPS.