A posta en marcha do Programa Re na vila alaricana inclúe un programa formativo.

O Concello de Allariz continúa, esta semana, coas xornadas de presentación e participación cidadá do “Servizo Re”, sobre recollida selectiva de residuos domésticos que o concello pretende implantar en todo o termo municipal.

As charlas enmárcanse no programa formativo de posta en marcha do Programa RE do Concello de Allariz con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. E pretenden concienciar á cidadanía na reciclaxe, facendo fincapé na elaboración de compost.

Tras pasar por Santa Baia este luns, o martes recalan en Queiroás da Igrexa, o mércores en Outeiro de Orraca, o xoves en Coedo e o venres en Seoane. As charlas desenvolveranse ás 20 horas nos locais sociais de cada localidade.