Campamento urbano en Verín

Unha iniciativa de AEVER coa colaboración de Concello, Xunta e Deputación.

Máis dun cento de nenos, divididos en catro grupos, participan esta semana nas actividades do campamento urbano 2015 organizado pola Asociación de Comerciantes De Verín (AEVER) coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense.

Este martes, os menores gozaron dunha xincana fotográfica na que sacaron fotografías nos establecementos asociados e participaron nunha divertida busca do tesouro na que foron encontrando, nos diferentes establecementos adscritos ao AEVER, as diferentes pezas para completar un crebacabezas.

A finalidade do campamento é dinamizar o comercio da localidade, ao mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a AEVER poidan facer os seus comprar mentres os seus fillos se divirten no campamento.