Os equipos adestrarán e competirán nos pavillóns oficiais do concello de Verín.

Vén de abrire o prazo de inscrición para formar parte das categorías base do Verín Futsal. Os equipos que participen nesta tempada adestrarán e competirán nos pavillóns oficiais do concello de Verín ( Pavillón Municipal – Pavillón da Granxa) dirixidos por monitores cualificados.

Cun custo de 120 euros para nenos federados e de 70 euros para nenos non federados, poderanse anotar todos os nenos e nenas nacidos entre o 1997 e 2008, en categorías desde prebenxamín a xuvenil.

Todos os que se queiran inscribir nesta nova tempada poden facelo no teléfono 654708286 ou a través do correo electrónico do club verinfutsal@hotmail.com