A Unión Deportiva Ourense presentou a que será, en principio, a súa última fichaxe da tempada. O dianteiro Bryan.

Chegou de proba ao club unionista, pero desde os primeiros minutos disputados xa se gañou o cariño da afección. E é que no primeiro encontro que xogou (contra o Quiroga) o dianteiro logrou dous tantos.

O que será o seu adestrador, Antonio Dacosta, xa o coñecía da súa etapa no Club Deportivo Ourense. O técnico o define coma un xogador de forza «que nos pode aportar varias alternativas ao xogo». Outro dos elementos que decantou a balanza para que formara parte da plantilla e a súa virtude de «facer vestiario», afirmaba Dacosta.

Bryan
O xogador quixo agradecer na súa presentación a confianza depositada. «Veño motivado e mentalizado de facer goles», aseguraba Bryan.

Sobre por qué elexiu xogar na UD, a pesar de ter outras ofertas, o xogador foi claro: «cando cheguei a España o primeiro equipo no que xoguei foi o CD Ourense. O levo no corazón. Por iso quería xogar aquí».