Impartiranse de outubro a maio.

A Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz ten aberto o prazo de inscrición nos novos cursos de inglés e francés que ofertará de outubro a maio, dirixidos a adultos que queiran adquirir fluidez oral nalgún destes dous idiomas.

O curso de inglés dará comezo o próximo 5 de outubro e hai tres niveis distintos aos que anotarse: básico (con clases os luns de 20 a 21:30 horas), intermedio (con clases martes de 20 a 21:30 e xoves de 19 a 20:30 horas) e avanzado (os mércores de 20 a 21:30).

As clases serán eminentemente prácticas, fomentando a participación e o traballo en equipo. O temario que se impartirá permite ao alumnado presentarse aos exames GESE de Trinity College para obter unha certificación de nivel.  O prezo total do curso é de 100 euros. O alumno abonará 70 euros ao inicio do curso e 30 en xaneiro.

No tocante ás clases de francés, o temario que se ofrece permitirá aos alumnos presentarse aos exames DELF (probas oficiais do Ministerio de Educación francés).  Neste caso, hai dúas modalidades de pago: unha na que se abonan 100 euros ao inicio do curso e outros 60 en xaneiro; e a segunda que consiste no pago de 25 euros mensuais.

Inscrición
Os interesados en anotarse nalgún destes cursos poden facelo na propia Fundación (Paciños, 2 – Allariz), no 988 436 182 ou en info@fundacionrgf.org.