Están organizados por Reatur e ofrecen unha clase de proba gratuíta.

Reatur organiza novos cursos de equitación para este outono. As clases terán unha hora de duración cun máximo de seis persoas. Os niveis van dende a inicación a clases avanzadas, incluíndo a inicación ao salto e o volteo. Pero para participar é preciso federarse.

Os interesados poden contratar clases soltas (por 17 euros cada unha), cursos dunha hora á semana (por 54 euros ao mes) ou de dúas horas semanas (95 euros ao mes). Ademais, ofrecen unha clase de proba totalmente gratuita.

Para inscribirse poden dirixirse ao 988 44 20 06 e 988 44 01 26, ou no enderezo electrónico reatur@allariz.com.