Os nacionalistas pretenden con esta segunda exposición unha nova fase de alegacións para frear o que consideran o «pelotazo» dos populares.

Os nacionalistas rexistraron unha proposta de moción dirixida aos grupos políticos para o seu debate no pleno do Concello de Ourense que contribúa a seguir fiscalizando por parte das veciñas o documento no que traballa o Partido Popular.

Nunha rolda de prensa ofrecida por Ximena González e Luis Seara (BNG) quixeron advertir, según o grupo nacionalista, o «novo pelotazo que prepara o PP co PXOM», en palabras de González.

Ximena fixo un repaso polo traballo político realizado polo BNG co documento do novo PXOM. Tamén explicou o traballo do BNG na fase de alegacións percorrendo os barrios da cidade para informar aos veciños, polo que están convencidos da necesidade dunha segunda fase de exposición e alegacións para continúar a construír o instrumento de planeamento.

Cren que coa chegada do Partido Popular ao goberno hai perigo real de que se prepare un novo pelotazo urbanístico co PXOM similar ao de 2003 cun dos seus responsables ao fronte do urbanismo no Concello.

Por iso, o Bloque rexistrou unha proposta de moción para os grupos que forman a corporación co obxetivo de que sexa debatida no próximo pleno. O BNG espera da oposición o compromiso necesario para poñer este debate no centro da vida política de Ourense.