A Concellería de Cultura organiza, co inicio do curso, unha programación infantil no Auditorio Municipal.

Este venres comeza a programación co espectáculo da man de Os Axóuxeres, de Elefante Elegante, ás 18 horas. A función está dirixida para cativos de ata seis anos. A entrada é gratuíta por convite -reserva de entradas no 697 363 089-.

O domingo, o Auditorio Municipal volve ter outro espectáculo do programa infantil, ás 12:00 horas. Será o teatro que leva por título Jim e a illa do tesouro, de Eme2 emocion&arte. A obra está dirixida a rapazas e rapaces con máis de 5 anos e ten un prezo de 3 euros.

Todas as entradas dos espectáculos do Auditorio Municipal pódense adquirir en www.ataquilla.com e dúas horas antes da función na billeteira do Auditorio.

Entroido de verán
O sábado a partir das 21.30h dará saída desde a Praza Maior o desfile do Entroido de Verán 2015. Actividade recuperada tras anos sen realizarse, pretende dinamizar as rúas da zona vella con música e disfraces, para rematar cunha festa na Praza do Correxidor. O xoves remata o prazo para anotarse no concurso do “Entroido de verán” nas dependencias do Auditorio Municipal.