Iniciarán o curso en outubro.

As Escolas de Pintura e Música ultiman os preparativos para poñer en marcha as actividades no vindeiro curso 2015-2016 que comezarán en diferentes datas do mes de outubro. Os máis cativos poderán participar nestas actividades organizadas dende a área de Cultura do Concello de Allariz.

Música en movemento e linguaxe musical ademais da aprendizaxe en instrumentos como piano ou guitarra, e os máis tradicionais como gaita, pandeireta e canto e danza galega, son as actividades que imparte a Escola de Música municipal.

Todas as actividades están suxeitas a un número mínimo e máximo de participantes. Para máis información ou tramitar a inscrición nalgunha destas actividades é preciso consultar na Casa de Cultura de Allariz (ou no téfono 988 44 08 59).