Atopou o diñeiro na rúa. A Policía Local está realizando xestións para localizar ao seu propietario.

A Policía Local de Allariz informa que, hai uns días, foi depositada en obxectos perdidos unha cantidade de diñeiro en metálico superior a 3.800 euros atopada por unha persoa veciña da localidade. Esta persoa, que declarou que o diñeiro foi atopado na vía pública, considerou o seu deber depositar o atopado nas institucións competentes para posterior consignación perante o Alcalde coa única finalidade de ser devoltos á persoa propietaria.

A Policía Local de Allariz continúa a realizar diversas xestión para o esclarecemento dos feitos e identificación do posible propietario con resultado negativo ata a data.

Para reclamar esta cantidade é preciso que o dono se identifique e acredite a titularidade do diñeiro na oficina de Obxectos Perdidos, que se atopa nas dependencias do Concello, ou que contacte coa Policía Local de Allariz no 988 440 000.