Unha iniciativa que xa están ofertando outros concellos da provincia de Ourense.

 

Elvira lama, portavoz do grupo municipal socialista en Xinzo, vén de rexistrar unha moción para que o Concello de Xinzo se sume á lista de municipios ourensáns que están ofrecéndose para acoller a persoas refuxiadas que proceden de países en guerra por razón humanitarias.

A portavoz dos socialistas cre que son necesarias «medidas nacionais, europeas e internacionais, pero tamén locais; medidas a corto, medio e longo prazo, plans e perspectivas novas para un problema novo no territorio europeo”.

O PSOE de Xinzo quere contribuír con decisión, con iniciativa, e con aportacións, “debemos dende as administacións máis cercanas, os concellos, dar resposta como xa están facendo ONGs e cidadanía en particular”.

«Son moitos os Concellos de Ourense que se están sumando a prestar acollida a estas persoas por humanitarias razóns e queremos pensar que o pobo de Xinzo non pode ser menos solidario», di Lama.